Gonzalo Durán publicará as imaxes do atentado contra a súa vivenda tras un novo ataque ao seu coche

VILANOVA> Gonzalo Durán publicará as imaxes do atentando sufrido o ano pasado na súa casa tras un segundo ataque contra o seu vehículo. A noite de reis, un home, do que a garda civil ten imaxes, tentou con pastillas de prendido e gasolina queimar o coche do rexedor vilanovés. Durán publicará as imaxes do atentando na súa casa para que toda a vila poida identificar aos culpables despois de que os xulgados arquivaran a causa.

O alcalde de Vilanova sufriu a noite de reis un novo ataque contra as súas pertenzas. Un ano despois de que unha parella atentara contra a súa vivenda intentando queimala, desta volta o delincuente prendeu lume ao seu vehículo. Segundo as imaxes da Garda Civil, parece que se trata dun home que lanzou pastillas de prender e gasolina ao coche do rexedor vilanovés.

Gonzalo Durán cree que o home pode ser o mesmo que na anterior ocasión.

Apoiado por un gran número de veciños e debido a que a Garda Civil e os xulgados pecharon o caso. Gozalo Durán adiantou que publicará o venres as imaxes para que toda a vila poida identificar aos culpables do atentando na súa vivenda.

A outra maneira de identificalos é mediante unha empresa externa que contratou para investigar o caso e que así se poida volver a reabrir.

Gonzalo Durán recibiu mensaxes de diferentes partidos políticos como mostras de apoio. A pesar diso, Durán mostrou o seu malestar porque membros do partido socialistas non apoiasen o ano pasado a súa denuncia. O vehículo atópase no lugar onde intentaron queimalo con danos na súa parte baixa. O alcalde vilanovés agarda coas imaxes identificar aos culpables lamentando que non o fixera a Garda Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí