VILAGARCÍA> Cefrico operará no porto de Vilagarcía ata 2043. A Xunta acaba de amplia-la concesión a esta empresa, centrada na transformación de produtos do mar. A compañía factura máis de 325 millóns de euros ó ano. Na planta vilagarciá traballan 250 persoas e procésanse 60.000 toneladas de ó ano.
A Xunta amplía a concesión de Cefrico no porto de Vilagarcía ata 2043. Anunciouno esta mañá o presidente do executivo galego, nunha visita á empresa, líder no sector da transformación de produtos do mar. Nestas instalacións nas que se procesan 60.000 toneladas ó ano traballan 250 persoas. Para Alberto Núñez Feijóo, o claro exemplo de que a empresas tradicionais galegas souberon reconverterse en factorías competitivas.
O grupo Profand, ó que pertence esta empresa ten a súa sede en Vigo. Cada ano factura 325 millóns de euros. Para Feijóo, proxectos como este demostran que a transformación de produtos do mar en Galicia ten futuro.
O grupo vén de mercar a empresa Caladero, converténdose en líder do sector en España. Malia a súa expansión, o centro de operación da compañía mantense en Galicia. O que tampouco muda é o seu compromiso coa calidade.
En total, a compañía traballa xa en sete países, estando presente en catro dos cinco continentes.