BOIRO> Dende este luns e ata o mes de marzo, as familias con menos recursos de Boiro disporán de menús sociais. Trátase de xantares elaborados polos alumnos do Obradoiro de Emprego de Cociña que se desenvolve no Centro de Formación de Espiñeira.
Formación e Solidariedade van da man no obradoiro de emprego de hostalería que a Xunta de Galicia e o Fondo social Europeo en Boiro están a desenvolver en Boiro. Os alumnos que participan no módulo de operacións básicas de Cociña elaboran cada día os menús que van parar ás familias con menos recursos do municipio.
Trátase da iniciativa Menús Sociais coa que o concello busca darlle unha saída solidaria ós produtos que elaboran os alumnos como parte da aprendizaxe diaria.
Alumnos como Cristian afánanse cada día na elaboración dun primeiro,un segundo e un postre. Tarefa que ademais de permitirlle aprender ten unha compoñente moi gratificante: a de poder axudar a quen máis o precisa.