RIBEIRA> A concelleira de Cultura de Ribeira visitou os campamentos de conciliación que se celebran no CEIP O Grupo. Trátase da primeira xornada deste programa lúdico que dá cobertura a todo o período non lectivo para facilitar a conciliación.
Tan só un día despois do remate do curso escolar, botou a andar o campamento urbano de Ribeira que busca ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias durante todo o período non lectivo.
A estes 50 rapaces uniranse outros 100 a partir do 2 de xullo cando comeza o Xoga con Nós. Durante todo o verán, os cativos realizarán diferentes actividades lúdicas nas instalación do CEIP O Grupo aínda que tamén están planificadas numerosas saídas e excursións para coñecer o medio natural.