O BNG convoca unha asemblea informativa sobre a depuradora de Castiñeiras

RIBEIRA> O BNG de Ribeira celebrará unha asemblea aberta mañá venres en Castiñeiras para dar conta das actuacións feitas pola formación nacionalista en relación á depuradora de marisco que se está levantando no porto.

Aberración urbanística, así cualifica o BNG de Ribeira a construción da depuradora de marisco no Porto de Castiñeiras. Polo que dende a formación nacionalista, convocaron para mañá venres unha asemblea informativa na que lle explicarán ós veciños cales son as actuacións que están a levar a cabo.

As alegacións dos nacionalistas contra esta depuradora xa chegan ata o Parlamento de Galicia, a través da súa deputada Montse Prado, que estará presente no acto de mañá. Alegan que os danos medioambientais son irreversibles.

O Bloque rexeita por completo o lugar no se quere facer a obra, pero aseguran que non están en contra da creación dunha empresa. Segundo explicaron, entenden que dentro do concello de Ribeira existen lugares máis adecuados para levar a cabo unha obra coma esta.

A asemblea aberta terá lugar as 20:30 na casa da cultura de Castiñeiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí