LOUSAME> Na experiencia formativo-laboral presentada esta mañá participarán unhas vinte persoas en situación de desemprego. A especialidade a impartir será de aproveitamento forestal.
Esta mañá arrancaba un novo obradoiro de emprego que desenvolverán de xeito conxunto os concellos de Lousame e Noia. Na iniciativa formativo-laboral subvencionada pola Xunta, a través da consellería de Economía, Emprego e Industria, participarán un total de vinte persoas en situación de desemprego. Serán nove meses de formación, na que a parte teórica se complementará coa realización de traballos de aproveitamento forestal e conservación e mellora de espazos públicos en ámbolos dous municipios.
Dende a Xunta, destacaron tamén a importancia da iniciativa que a través da formación permitirá mellorar as posibilidades de acceso ó mercado laboral das persoas participantes, nun sector ademais coma o forestal con ampla demanda nas empresas da zona.