A escaseza de ameixa babosa condiciona a campaña en Rianxo

RIANXO> A escaseza de babosa está a condicionar a campaña marisqueira en Rianxo. A confraría optou por baixar os topes en tódalas especies. A nota máis positiva é a da xapónica, máis abundante, mentres que a fina vaise mantendo. En canto ós prezos mantivéronse á alza ó longo das última semanas con cotizacións superires ós dez euros. As expectativas de cara ás próximas campañas son máis optimistas posto que xa se observa bastante cría na zona do río. Aínda así, dende a confraría prefiren ser cautos e non adiantar acontecemento. Paralelamente, o pósito está a realizar actuacións de rexeneración en varias zonas improdutivas, seguinda a liña iniciada hai tres anos coa dragaxe do río.