POBRA> Esta mañá arrancaban os seminarios de Formación Turística organizados pola Mancomunidade Arousa Norte grazas a unha subvención da Deputación da Coruña. O obxectivo é mellorar a xestión turística a través da innovación tecnolóxica e do desenvolvemento das destrezas persoais.
O primeiro destes cursos, que arrancou esta mañá na Pobra, e que a partir de mañá se desenvolverá tamén en Boiro, ten por obxectivo dotar dunha maior competitividade ó sector turístico nunha época incerta na que é preciso apostar pola formación e a maior profesionalización da actividade.
A formación nestes dous seminarios corrre a cargo do IESIDE, o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, AFundación Obra Social Abanca. No primeiro afondarase nas posibilidades e nas desvantaxes que ofrecen as tecnoloxías para a xestión dixital. Mentres que o segundo centrarase na mellora das habilidades persoais no eido de atención ó cliente.
Estes seminarios son posibles grazas a unha subvención outorgada pola Deputación da Coruña, e neles participarán ó redor dunhas vinte persoas