Cambados recupera 5 pezas da canalización do antigo convento de San Francisco con máis de 400 anos de antigüidade

CAMBADOS> Cambados recupera cinco pezas da antiga canalización do convento de San Francisco. Os fragmentos teñen unha antigüidade de máis de 400 anos. Foron trasladados no xardín da igrexa parroquial.

O que a simple vista parecen pedras normais de calquera leira da comarca, en realidade teñen moita historia detrás. Os fragmentos son pezas da antiga canalización do convento de San Francisco. Uns restos con máis de 400 anos de antigüidade. Tras moitos anos abandonadas nunha parcela do centro de Cambados, o concello decidiu recuperaralas para conservalas.

O obxectivo do concello é recuperalas para poñer en valor o patrimonio histórico de Cambados.

As pezas trasladáronse ao xardín que está a carón da igrexa parroquial.

Foi no 2011 cando o historiador Gumersindo Mosterio advertiu ao concello da importancia destes fragmentos. Agora grazas á doazón do propietario da leira, o municipio poderá conservar e expoñer unha parte da súa historia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí