O BNG esixe axudas inmediatas á frota polo amarre

RIANXO> A voceira de Pesca do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, pediu esta mañá en Rianxo medidas concretas e urxentes para a flota, que palíen na medida do posible as graves consecuencias derivadas da suba do combustible.

Para a nacionalista a situación que atravesa o sector é hoxe insostible, derivada dunha perda de ingresos moi importante, o que abocou ó sector ó amarre ó non resultarlle rendible saír a faenar.

Diante desta situación, o BNG critica a total parálise na que se mantén o Goberno da Xunta. Segundo eles vai alá máis dun mes dende que se anunciaran novas medidas, pero a día de hoxe, aínda non se levou ningunha a cabo.

Así entre outras cuestións pídenlle ás dúas Administracións con competencias, tanto á Central como a Autonómica, unha exoneración real das cotas das taxas portuarias, se poñan en marcha compensacións polos amarres, así como que se formulen medidas que eviten a suba constante no prezo do combustible profesional ou o da rebaixa do ive para os produtos do mar.