BOIRO> Molestos e defraudados. Así se senten os veciños de Escarabote afectados polo cambio de nome da rúa na que residen, de Estrada do Muelle, como segundo eles se denominou toda a vida, polo de Rúa Padre Joseba Beobide.
Chegaban ó pleno de onte ilusionados en que saíse adiante a proposta do BNG que recollía a súa solicitude para recuperar o nome primitivo, pero non puido ser.
O equipo de goberno, en maioría, votou en contra. E o resto de grupos con representación municipal, a excepción dos nacionalistas, ausentouse da sesión.
Seguen argumentando que a decisión tomada se realizou sen consultárllelo previamente, atendendo a unha solicitude que partiu de catro persoas, que nin sequera viven en Escarabote.
Os veciños anuncian que seguirán coa súa reivindicación, defendéndoa ata onde sexa necesario, pois din que lles está a causar un grave prexuízo.











