VILANOVA> O concello de Vilanova adquire un novo vehículo para a súa policía local. O coche é un Nissan Leaf eléctrico. Un automóbil que ademais de mellorar o corpo móbil da policía tamén serve para dar exemplo no coidado do medio ambiente.
A policía local de Vilanova ve respondida unha das súas demandas, a mellora do seu parque móbil. O concello a través dunha axuda do fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia adquire un Nissan Leaf eléctrico. Un automóbil que cumpre dous propósitos: reforzar ao corpo de seguridade e concienciar no coidado do medio ambiente.
O coche tivo un custo de 40 mil euros dos cales o 80% foi subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e o restante polo plan concellos da Deputación de Pontevedra.
Con esta adquisición o corpo de policía contará agora con dous coches e unha moto. O corpo de seguridade vilanovés virá reducido os seus transportes ante o mal estado dun dos seus vehículos.
Ao tratarse dun vehículo eléctrico, o concello porá puntos de cargan en diferentes puntos da vila.
O novo coche conta cunha batería de 40 quilovatios. A autonomía pode variar entre os 280 e os 380 quilómetros. Un vehículo para que a policía poida coidar da vila sen descoidar o medio ambiente.