BOIRO> Unha das últimas obras que se está a executar desenvolvese no núcleo de Escarabote. Conta cun orzamento de máis de 130 mil euros e contribuirá a atallar os vertidos que con certa frecuencia se producían na zona de Peralto. Dende hai varias semanas o executivo boirense está a desenvolver unha actuación no núcleo de Escarabote que ten coma principal finalidade mellorar o actual servizo de saneamento, contribuíndo de paso a atallar os vertidos que con certa asiduidade afectan á zona de Peralto. Segundo o alcalde, Xoán Xosé Dieste, as tubaxes existentes eran moi antigas e non prestaban xa un servizo axeitado. A actuación cun orzamento de máis de 130 mil euros inclúe ademais a renovación doutro servizo prioritario, como é o do abastecemento de auga, así como a construción de novas beirarrúas e a mellora da accesibilidade. O Concello segue así co seu paso firme de cara a consecución do tan ansiado saneamento integral do municipio. Nos últimos lévanse investido uns tres millóns de euros en diversas obras de renovación dos servizos básicos por todo o municipio.
Inicio BARBANZA