PADRÓN> Había xa ganas de celebrala. Despois de dous anos sen poder organizala, a consecuencia da irrupción da covid, a Asociación Clásicos do Sar que engloba ós concellos de Padrón, Rois e Dodro celebrou onte domingo a Ruta de Vehículos Históricos.
O aparcamento do hotel Scala, en Padrón, quedouse pequeno para acoller ós máis de 140 vehículos que, chegados dende diferentes puntos da nosa comunidade, e mesmo de fóra dela como é o caso de varios modelos chegados dende León, Asturias e Portugal, que tamén quixeron participar na concentración.
Entre os modelos que tomaron parte auténticas xoias como é o caso do Citroen 11 Lixeiro Sport de 1939, ante o que os numerosos curisoso que se achegaron a ver a exposición non dubidaron en se fotografar.
Despois de realizar unha pequena ruta pola comarca, a cita rematou de novo no hotel Scala, onde se celebrou un xantar de confraternidade, no que tomaron parte unhas trescentas persoas.
Foi en definitiva un día de festa e de reencontro para os apaixonados dos vehículos clásicos, que xa están a cavilar en cando será a próxima cita.