Ribeira incrementará a vixilancia nas rúas para facer cumprir as medidas anti-covid

RIBEIRA> O alcalde Ribeira, Manuel Ruíz, mostrouse preocupado polo incremento dos contaxios das últimas semanas, situando ó municipio nos 160 casos activos a catorce días. Un feito que levou ó comité clínico a situalos no nivel alto de restrición.

O rexedor volveu a facer unha chamada á responsabilidade, en especial da mocidade. Por esta razón anunciou que durante toda a fin de semana aumentarase o control policial na rúa para facer cumprir as novas medidas de restrición, unha vez que o municipio entrou en nivel alto.

Esta medida súmase tamén á suspensión ou reprogramación das actividades culturais e festivas para as próximas semanas, á que se sumou tamén recentemente a Real e Ilustre Confraría da Dorna.

Manuel Ruíz aludiu tamén ó cribado voluntario iniciado xa esta mesma tarde no hospital da Barbanza e que terá continuidade mañá, para a franxa de idade comprendida entre os 16 e os 45 anos, co que se pretende frear a cadea de contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí