Caritarte 2019 presentará unha mostra con obras das treces anteriores edicións

VILAGARCIA> Cáritas presenta en Vilagarcía a décimo terceira edición da súa exposición Cariarte. A novidade deste ano é que se expoñerán tódalas obras das edicións anteriores. A mostra estará dispoñible na sala Rivas Briones do 5 ao 27 de decembro.

Cáritas Vilagarcía volve organizar unha nova edición de Caritarte. Unha exposición na que diferentes artistas doan as súas obras co obxectivo de colaborar coa ONG. Esta décimo cuarta edición estará composta por obras das anteriores mostras.

O obxectivo é recadar fondos para axudar aos máis necesitados.

A inauguración terá lugar o 5 de decembro e contará coa actuación de Dani Barreiro. En total exporanse máis de 70 obras de 60 artistas na sala Rivas Briones.

Ao ser unha recompilación dos anos anteriores, na mostra atoparanse cadros, fotografías e esculturas. Ademais todas as obras venderanse a metade de prezo. Un motivo máis para incentivar á veciñanza para que colabore con Cáritas. Cariarte 2019 rematará o 27 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí