CAMBADOS> A tradutora Antía Veres Gesto é a gañadora da décimo oitava edición do Premio Plácido Castro de Tradución, pola súa tradución ó galego da novela ‘A Lost Lady’, de Willa Cather. É a primeira obra desta escritora estadounidense que se traduce á nosa lingua. Esta mañá desvelouse o fallo do xurado. A entrega do premio terá lugar a finais deste mes.
Antía Veres Gesto é a gañadora da décimo oitava edición do Premio Plácido Castro de Tradución.
Adamais da fundación que leva o nome do escritor e xornalista cambadés, no xurado participaron representantes da Xunta, da Asociación de Tradutores Galegos, da Real Academia e da Universidade de Vigo.
O galardón, un dos máis relevantes do ámbito da tradución, busca reivindica-la dimensión tradutora do autor cambadés. Serve tamén para poñer en valor o traballo dos tradutores en Galicia.
O fallo do xurado deuse a coñecer en plena Festa do Albariño, algo que non é casual. O autor cambadés formou parte da orixe do gran evento da localidade, levando con el alí onde ía a mensaxe da internacionalización do produto galego.
O premio será entregado no Día Internacional da Tradución, o vindeiro 30 de setembro, na sede da Fundación Plácido Castro.