PONTEVEDRA/O SALNÉS> Os licores e augardentes con selo de calidade medran en Galicia. A denominación de orixe que ampara estes produtos estima en máis de 700.000 botellas a produción de 2019. Trátase dun incremento do 24% con respecto ó ano anterior. Detrás deste resultado, atópase o aumento da comercialización con cadeas de distribución galegas.
As augardentes e licores brindan por un 2019 de bos resultados. Os produtos amparados co selo de calidade do Consello Regulador incrementaron a súa produción nun 24%. Na Denominación de Orixe falan de máis de 700.000 botellas.
Detrás deste bo resultado, atópase un maior peso das destilarías especializadas, fronte á produción complementaria dalgunhas adegas de viño. Destaca, sobre todo, o aumento da comercialización con cadeas de distribución galegas.
Con vistas ó futuro, o Consello Regulador aposta por mante-la súa liña de traballo dos últimos anos. De novo, queren poñe-lo foco no produto caseiro, que tanto afecta ó sector.
Para o presidente do Consello Regulador, o produto caseiro é un descrédito para Galicia. Fai un chamamento á produtores e consumidores para prescindir deste produto que, segundo advirte, non fai máis que enganar ó consumidor.