Os feirantes denuncian a súa precaria situación e o abandono por parte dos concellos

VALGA> A parálise provocada polo coronavirus está afectando de maneira máis importante aos feirantes. O sector leva meses sen traballar e descoñece se poderá volvelo a facer no que queda de ano. A situación afecta a preto de 10 mil familias en Galicia, algunhas en perigo de pobreza.

Mentres a maiorías dos sectores intentan volver á normalidade, os feirantes e vendedores ambulantes das festas descoñecen cando poderán retomar os seus traballos. O sector leva meses sen traballar e non ten garantías de que poida volver a facelo durante este ano. Cualifican a situación de preocupante.

Os feirantes explican que a súa época principal de traballo son os meses de abril a outubro. A isto súmase que as atraccións requiren un investimento no seu coidado durante todo o ano. Consideran que as axudas son insuficientes para facer fronte aos gastos.

A situación está poñendo en risco de pobreza a algunhas familias.

Os feirantes aseguran que poden garantir a seguridade das súas atraccións con medidas como limitacións do aforo e constantes desinfeccións. Piden axuda as administracións para controlar a seguridade nos recintos e que os deixen volver a traballar.

Sen embargo, as respostas que están recibindo por parte dos concellos e das administracións son negativas. A parálise dos feirantes afecta a preto de 10 mil familias en Galicia, pero aseguran que indirectamente está afectado a moitos máis negocios.

Debido a falta de solucións, os feirantes manifestaranse o venres ás 12 do medio día en Santiago. Aseguran que se a situación continúa, ás seguintes mobilizacións acudirán cos seus camións provocando a paralización da cidade correspondente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí