A Xunta vai ampliar o dique flotante do Xufre, na Illa

A ILLA> A Xunta vai amplia-lo dique flotante do porto do Xufre, na Illa, para mellora-lo abrigo dos pantanláns. Vaise alongar 60 metros, chegando, en total, ós 300. Anunciouno esta mañá a Conselleira do Mar dende o porto insular, onde revisou as novas prazas de amarre para os mexilloeiros que se acaban de instalar.

O dique flotante do Porto do Xufre, na Illa de Arousa, será obxecto dunha ampliación. Na actualidade mide 240 metros máis, pero vaise alongar ata chegar ós 300. A medida busca mellora-lo abrigo dos pantaláns profesionais.

O anuncio fíxoo esta mañá a Conselleira do Mar, logo de revisa-las novas prazas de amarre de embarcacións mexilloeiras que se acaban de poñer a disposición do sector. Para Rosa Quintana, o investimento feito na Arousa polo seu departamento é envexado por outros concellos.

No sector do mexillón, polo de agora, satisfeitos cos novos pantaláns. A nova zona de atraque conta con 120 prazas, situadas na dársena central, onde as embarcacións do mexillón adoitan face-las descargas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí