Unha empresa concesionaria de servizos reclama 6900 euros ó Concello de Cambados

CAMBADOS> Unha empresa concesionaria de servizos reclama facturas ó Concello de Cambados por valor de 6.900 euros. Xurxo Charlín acusa ó PP de agochar os recibos en vez  de trasladalos a contabilidade. Pola súas banda, o exalcalde Luís Aragunde defende a súa xestión.

Unha empresa concesionaria de servizos reclama sete facturas cun importe total de 6.900 euros ó Concello de Cambados. Os recibos foron rexistrados entre os anos 2005 e 2011. Xurxo Charlín amosouse sorprendido de que as facturas estivesen inscritas no rexistro pero que non consten na contabilidade municipal.

Con estes cargos, Charlín cifra en 380 mil euros as reclamacións feitas ó Concello por facturas emitidas nas lexislaturas anteriores. O goberno local entende que é algo moi grave e que pode supoñer un custo importante pra unha empresa, pero que non se efectuarán pagos sen os informes que os aproben.

Charlín criticou ós anteriores gobernos do PP. Acúsaos de agochar facturas e de desvirtuar os balances daquelas épocas.

A resposta por parte do PP de Cambados non se fixo esperar. Luis Aragunde recordou que no 2012 publicouse o Plan de pago a provedores, un real decreto que obrigaba ós concellos a pagar as facturas pendentes. Asegura que o seu goberno retribuíu todas as demandas e que se aínda existe algunha é culpa da empresa.

Aragunde considera que esta é unha nova pantasmada de Xurxo Charlín que amosa que non aprendeu nada nestes catro anos.

Cas eleccións a vista, as acusacións voan dun partido a outro. Serán os informes que solicitou o Concello os que demostrarán que ten a razón.