Éxito de asistencia aos cribados nas farmacias do Salnés

SALNES> A resposta tamén foi masiva nas farmacias dos pequenos concellos do Salnés. Dende o día de onte, a veciñanza estivo chamando aos locais para reservar a súa cita. As listas de espera superan os 100 clientes.

O cribado masivo entre a poboación de 40 e 60 anos está tendo unha gran resposta nas farmacias dos pequenos concellos do Salnés. Xa dende o día de onte, a veciñanza interesouse por facer as probas. As farmacias teñen unha lista de espera de máis de cen clientes.

Os interesados en participar no cribado deben anotarse con anterioridade. A proba consiste nunha mostra de saliva que debe facerse sen almorzar. Pero hai unhas excepcións a este cribado.

As probas nestes pequenos concellos permitirá coñecer con máis exactitude a incidencia real da covid no municipio. O obxectivo é detectar aos asintomáticos.

As farmacias teñen a vantaxe de poder abrir a todas horas para atender ao público. Para a veciñanza é unha oportunidade de frear ao virus canto antes.

As mostras recollidas son enviadas ao Hospital Cunqueiro onde serán analizadas. Nun prazo máximo de 48 contactarase cos pacientes para informar se son ou non positivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí