LOUSAME> Este domingo arranca en Lousame a cuarta edición do Festimaxia. Os magos Román, Teto e Crystian Magic compoñen o cartel deste ano.
A aposta do concello de Lousame pola maxia consolídase xa nesta cuarta edición do Festimaxia. Un festival á altura dos que se celebran nas grandes cidades cos espectáculos ‘Nanomaxias’ de Román García, ‘Alquimia’ do Mago teto e ‘Kandor’ de Crystian Magic.As actuacións terán lugar os tres próximos domingos a partir das seis da tarde na casa da cultura. A entrada é de balde e van dirixidas a público familiar.
A concelleira de Cultura quixo agradecer o gran traballo dos técnicos do seu departamento que dende hai catro anos fan posible que Lousame conte cun festival de tan alto nivel.