Somos Cambados avanza que votará polos socialistas no pleno da Mancomunidade do Salnés

CAMBADOS> O PSOE, un pouco máis preto de facerse co control da Mancomunidade do Salnés. Somos Cambados avanza hoxe que a súa intención é apoia-la candidatura socialista no Pleno de constitución do vindeiro luns. Con todo, din que a proposta ten que ser ratificada pola asemblea da formación. Os sociliastas precisan sumar 14 votos para facerse coa presidencia do órgano comarcal.

Se o PSdeG quere facerse co control da Mancomunidade do Salnés precisa do apoio dos independentes. Os socialistas precisan 14 votos para facerse coa presidencia. Co Pleno de constitución do ente comarcal previsto para o vindeiro luns, a formación iniciou unha rolda de contactos para facerse co respaldo dos outros partidos.

Unha das formacións en confirma-lo seu apoio ó cambio na Mancomunidade é Somos Cambados. Os socios de goberno de Fátima Abal coinciden coa alcaldesa en que a situación do ente comarcal é anormal. Cren que hai que poñela a funcionar “xa” polo ben da comarca. O “si” de Somos Camabados ao PSOE terá que ser ratificado pola asemblea da formación.

Mentres continúan a súa rolda de contactos na procura de apoios, os socialistas aproveitan para critica-la xestión do vilanovés Gonzalo Durán á fronte da Mancomunidade. Entenden que a xestión do popular foi contraproducente para os intereses xerais do Salnés.

Abal tamén ironiza coa proposta de Durán de establecer a partir de agora unha presidencia rotatoria entre tódolos concellos mancomunidados. Entende que esa idea xa a puido ter lanzado hai catro anos, no canto de manterse en funcións á fonte do organismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí