A ILLA> A illa de Arousa presenta unha gran programación cultural e deportiva para as festas de Nadal. Do 18 de decembro ao 5 de xaneiro a vila desenvolverá diferentes actividades para todos os públicos. Entre elas non faltan, o recibimento de Papa Noel e dos Reis Magos.
A Illa de Arousa presenta unha programación cultural para este nadal que dá continuidade o que se viña facendo na vila antes da pandemia. Co inicio das vacacións escolares, a vila celebrará todos os días, agás festivos, uns talleres deportivos e culturais. Os espectáculos comezarán o día 18 co concerto de Leilía.
O mércores 22 terá lugar o concerto da escola de música municipal e día 23, a Illa recibirá a Papá Noel.
Decembro rematarase co espectáculo de Magín Blanco e Pablo Vidal o que levamos nas maletas, coa proxección da película Mirai mi hermana pequeña e co concerto en homenaxe a Rosalía de Castro o mércores 29.
En xaneiro terá lugar o Titiricircus, a visita do Apalpador e a programación rematarase o día 5 coa visita dos reis magos.
Todas as actividades son de balde pero con capacidade máxima de ocupación. Accederase aos espectáculos por orde de chegada, agás nos talleres deportivos e culturais para os que é necesario inscrición previa.