O SALNÉS> O Salnés métese de cheo no tempo da vendima. Hoxe, por exemplo, arrancou en Pazo Baión. Os expertos falan dunha uva de calidade perfecta, de aroma intenso e moi ben equilibrada. Este ano a climatoloxía non foi mala, aínda que a presenza da chuvia durante a floración fixo diminuí-la cantidade de uva. Este ano, a produción reducirase nun 10%.
A vendima en Pazo Baión botou a andar esta mañá. Este ano a cantidade de uva é menor que o ano pasado, aínda que daquela a colleita fora moi abundante. Desta volta, calcúlase unha redución do 10%, por mor da climatoloxía.
Boa cantidade e excelente calidade. Dende a adega falan dunha uva ‘perfecta’, moi ben equilibrada e dun aroma intenso. Durante as vindeiras tres semanas, un equipo de 40 persoas terá que facerlle fronte a estas 20 hectáreas de viñedos. Algúns estreáronse hoxe na vendima, aínda que moitos xa contan nas súas contas cunha dilatada experiencia. Cóntannos que é unha labor dura, pero que merece a pena. Dez destes 40 vendimadores forman parte dun programa de reinserción de drogodependentes, impulsado por Pazo Baión dende hai dez anos.
En Condes de Albarei, entre tanto, a vendima comezará o vindeiro sábado. Alí, os traballos prolongaranse durante uns 10 días.