Meaño Independiente denuncia os insultos e ameazas que recibe do alcalde nos plenos municipais

MEAÑO> Meaño Independiente denuncia ameazas e insultos por parte do alcalde da vila nos plenos municipais. A última resposta fora de ton veu despois de que os independentes preguntaran por unha obra na que non se están a utilizar os materiais acordados no proxecto. A formación acudirá á valedora do pobo para esixir ao alcalde que respecte o seu traballo e as súas propostas.

Dende a precampaña electoral, xa se anticipaba en Meaño que a gobernabilidade non ía a ser doada. A tensión vivida durante a campaña continúa 3 anos despois das eleccións municipais. Desta vez, é a principal formación da oposición a que denuncia insultos e ameazas por parte do alcalde nos propios plenos municipais.

Os independentes indican que o alcalde está coartando o seu traballo nos plenos.

A última situación tensa tivo lugar despois de que os independentes preguntara pola tubaxe que se estaba a utilizar na obra que se está levando a cabo na zona de Covas.

Os independentes tamén denuncian a obra que se está levando a cabo en Abuín. Un proxecto que segundo indican, debería incluír unhas beirarrúas que finalmente non se construirán. A formación considera que o concello está gastando moitos cartos por non saber xestionar as obras.

Ante a actitude que denuncian do alcalde, Meaño Independeite levará o caso á valedora do pobo para esixir a Carlos Viétez que respecte o seu traballo e que volva a normalidade aos plenos municipais de Meaño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí