Arranca Motor Okasión en Vilagarcía, cunha oferta de 700 coches dende 3.000 euros

VILAGARCÍA> 700 coches compoñen este ano a oferta de Motor Okasión, en Vilagarcía. O Salon do vehículo usado e de ocasión celebra este ano a súa quinta edición e faino con moi boas expectativas. O Salón estará aberto ata o vindeiro domingo, incluída tamén a xornada festiva de mañá.

Na variedade está o gusto e, dende logo, en Motor Okasión hai onde escoller. A feira multimarca instálase no Fexdega de Vilagarcía por quinta ocasión, consolidánse como un referente na compra-venda de vehículos. Ademais, pensado para tódolos petos.

700 vehículos, repartidos en 20 expositores, compoñen a variada oferta do Motor Okasión nesta quinta edición. O salón viviu dende o seu nacemento un crecemento exponencial.

O salón permite ó cliente ter unha ampla perspectiva do sector, nun contexto onde as ofertas e as flexibilidades á hora de pagar están garantidas.

Ademais de para aqueles que andan na procura dun coche, o Salón fará as delicias dos amantes do motor, con auténticas xoias só ó alcance duns poucos.

Ademais, nesta quinta edición premiarase cun agasallo de 200 euros ás persoas que sinalicen e compren un vehículo.

Motor Okasión  permanecerá aberto ata este domingo, en horario ininterrompido dende as 11 da mañá ás 9 da noite, tamén na xornada festiva de mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí