Unha vaga de intentos de roubo preocupa os comerciantes de Cambados

CAMBADOS> Unha vaga de intentos de roubo pon en garda aos comerciantes de Cambados. Antonte á noite os ladróns quixeron acceder ao interior de cinco negocios da céntrica Rúa Real. Finalmente só puideron entrar nunha cafetería, da que levaron a caixa rexistradora. Hai quince días, foron os negocios da Rúa Sevilla os que padeceron esta situación. Dende o concello chaman á tranquilidade, e aseguran que os responsables están identificados.

Unha vaga de varias tentativas de roubo preocupa aos comerciantes de Cambados. Na madrugada do xoves, ata catro negocios da rúa Real foron vítimas dos intentos dos ladróns. Un deles, o establecemento Número 1 en Zapatillas.

Á quinta foi a vencida, e os ladróns si conseguiron entrar na cafetería Aquisgrán, da mesma rúa. Alí levaron directamente a caixa rexistradora.

Esta situación xerou alarma entre os comerciantes. E é que xa hai quince días viviuse un episodio semellante, desta volta no entorno da rúa Sevilla. Neste caso, os ladróns si conseguiron entrar noutro establecemento de María Piñeiro.

Dende Zona Centro reclaman ao concello unha maior vixilancia na vía pública para evitar estas situacións. Hoxe, a alcaldesa aseguraba que traballan da man das forzas de seguridade.

Fátima Abal quixo facer tamén un chamamento á calma. Segundo a rexedora, Cambados segue a ser unha vila segura.

A alcaldesa confía no traballo da Garda Civil para poñer fin a esta situación.