MEANO> Todo preparado en Meaño para acoller esta fin de semana a fase de ascenso á categoría primeira nacional de balonmán. O Aquitania Asmubal de Meaño enfrontarase en formato liga ao campión da liga vasca e aos segundos clasificados da liga asturiana e canaria. As entradas do pavillón de Coirón están esgotadas pero o club poñerá unha pantalla no patio exterior para que poidan asistir máis afeccionados.
O pavillón de Coirón de Dena acollerá do 6 ao 8 de xuño un evento histórico para o Aquitania Asmubal e para todo Meaño. O equipo meañés será o anfitrión, por primeira vez, da fase de ascenso á categoría primeira nacional de balonmán. O Asmubal deberá superar aos rivais clasificados das outras comunidades autónomas.
Para poder organizar esta fase, o Asmubal contará co apoio da federación galega de balonmán e das diferentes administracións.
As entradas para o pavillón de Coirón xa están esgotadas, pero o club poñer a disposición dos afeccionados unha pantalla no exterior para que poidan seguir o encontro.
Para ver o partido dende o exterior do Coirón tamén é necesario adquirir antes unha entrada, xa que a capacidade de ocupación é limitada. Os interesados poderán acudir hoxe ou mañá ao pavillón entre as 7 e as 10 da noite para conseguir as súas entradas.