ACERGA critica a mala xestión tralo sinistro do ‘Divina del Mar’

    PORTO DO SON> Malestar en ACERGA ante o despezamento do Divina del Mar. Dende a asociación de cerqueiros galegos atribúen a cuestións burocráticas, e  non técnicas, a decisión de desguazar o barco en lugar de remolcalo.

    José Blanco, voceiro de ACERGA, amósase moi crítico ante a decisión de despezar o Divina del Mar, a embarcación sinistrada na costa de Baroña o pasado doce de novembro.

    Segundo o representante da asociación de cerqueiros non existe razón técnica que impida o remolque do barco, o que suporía salvar unha embarcación que apenas ten danos.

    Blanco pon como exemplo o dispositivo desenvolvido para o remolque do Blue Star coordinado por unha empresa holandesa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí