A ABE sorteará un ‘sueldazo’ de trescentos euros durante seis meses este Nadal

BOIRO> Mañá venres arrancará a campaña comercial de Nadal da Asociación Boirense de Empresarios na que tomarán parte uns corenta establecementos.

A campaña comercial de Nadal da Asociación Boirense de Empresarios arrancará mañá venres e prolongarase ata o vindeiro cinco de xaneiro, véspera de Reis. Virá este ano cargada de importantes novidades. Unha das máis importantes é que se sorteará o ‘Sueldazo ABE’, de 300€ durante seis meses para un único premiado. A patronal boirense prevé distribuir unhas noventa mil rifas entre os 40 establecementos participantes na campaña. As rifas serán numeradas e entregaranse por cada dez euros de compra.

Outra das novidades da campaña serán as cartas para os Reis, que cada negocio participante repartirá tamén entre os seus clientes. os nenos que a cubran entrarán tamén nun sorteo de agasallos.

A ABE, en colaboración co Concello, volverá a ofertar o  servizo de ludoteca gratuito para o que será necesario presentar un ou varios tiques de compra de cualquier establecimiento de Boiro por importe de 20 euros.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí