Denunciado un local hostaleiro de Ribeira por infrinxir a normativa sanitaria

RIBEIRA> O negocio atópase situado na zona de Bandaurrío.

A Policía Local de Ribeira cursou unha denuncia contra un local hostaleiro situado no barrio de Bandaurrío por infrinxir diversos preceptos da normativa sanitaria, en concreto a que ten como obxectivo previr a aparición dun posible rebrote da covid-19.

Os axentes detectaron a presenza á entrada do local de xente consumindo na vía pública e sen gardar a requirida distancia de seguridade.

Fontes da propia policía informaron tamén que ó longo da pasada semana  foron sancionadas un total de dez persoas por non levar mascarilla.