O PP de Pontevedra opónse á variante de Alba proposta pola Xunta

PONTEVEDRA> Case seis meses despois da reactivación do proxecto da variante de Alba, o Partido Popular de Pontevedra anuncia a súa oposición ao trazado proposto pola Xunta de Galicia. Hoxe Rafa Domínguez aseguraba que a opción que está sobre a mesa non a máis axeitada, polo que reclama ao goberno autonómico que busque unha alternativa. Tamén esixe ao concello pontevedrés que lidere a búsqueda de consenso entre goberno local, administración autonómica e veciños afectados.

A piques de rematar o mes de xullo, a Xunta de Galicia sacaba do caixón o proxecto da variante de Alba. Facíao coa proposta dun novo trazado, que conectaría a estrada de Vilagarcía coa de Santiago cunha autovía dende Campañó ata Lérez, coa construción de dúas rotondas a nivel en cada extremo da vía. Case seis meses despois, os populares de Pontevedra rexeitan a proposta.

Segundo Rafa Domínguez, esta oposición nace da rolda de contactos establecida cos veciños que se verán afectados polas obras.

Os populares aseguran que xa trasladaron a súa postura á Xunta de Galicia, pero que non recibiron ningunha resposta. Ademais, reclaman ao goberno de Pontevedra que lidere o novo período de contactos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí