BOIRO> A Deputación da Coruña vén de completar un investimento de millón e medio de euros nas obras de renovación do firme da estrada DP-1.105. A actuación supón unha importante mellora da seguridade na vía que conecta os concellos de Boiro e Noia.
O compromiso da Deputación da Coruña coa mellora da seguridade viaria nas estradas da súa titularidade segue a materializarse con diversos investimentos. Un dos últimos proxectos a destacar é a renovación do fire na estrada DP 1105 entre os concellos de Boiro Noia.
A actuación, desenvolvida en dúas fases, supuxo un investimento de millón e medio de euros. Ademais da pavimentación completa da estrada ó longo dos 13 quilómetros de percorrido, procedeuse ó pintado das marcas viarias, os bordes e os pasos de peóns, así como tamén a renovación da sinalización horizontal e vertical.
Con esta obra, enmarcada no Plan de Vías Provinciais, mellorase notablemente a conexión entre as dúas comarcas posto que constitúa a arteria principal de comunicación da bisbarra de Noia co Barbanza e consecuentemente con todo o sur de Galicia.
Tan só queda pendente agora ó último treito de apenas dous quilómetros no entronque final con Boiro. Unha vez finalizado, dende os concellos volverán solicitar a execución dun terceiro carril en varios treitos da vía para o adiantamento de vehículos lentos. Segundo os estudos preliminares, a obra suporía un investimento próximo ós tres millóns de euros.











