Máis de 20 establecementos ofrecerán oportunidades na XIX Feira Viamare Stock de Ribeira

RIBEIRA> Máis de 20 establecementos participarán na Feira de Oportunidades Viamare que se celebrará en Ribeira entre o 9 e o 11 de agosto. Comerciantes do sector téxtil, calzado, decoración ou complementos ofrecerán os seus produtos con interesantes descontos para liquidar o stock da tempada.

23 haimas instalaranse na avenida do Malecón para albergar a decimo novena edición da Feira Viamare Stock. Abrirá as súas portas o venres 9 ás 11 da mañá, en horario ininterrompido ata as dez da noite. Así durante toda a fin de semana a excepción do sábado no que se adianta a apertura unha hora. O obxectivo da asociación de empresarios de Ribeira con esta feira é dar saída ós excedentes de mercadoría ó fin de tempada.

A feira contribúe ademais a dinamizar o comercio e a hostalería local cun evento polo que, calculan, poden pasar máis de nove mil persoas