A Pobra convoca un concurso fotográfico inspirado na obra de Victoriano García Martí

A POBRA> O concello da Pobra pon en marcha o I Concurso Fotográfico Victoriano García Martí, O obxectivo é dar a coñecer a figura do escritor a través da súa novela ‘Don Severo Carballo del Alma Gallega, ambientada no seu municipio natal.

Xa está aberto o prazo para o Concurso Fotográfico convocado polo concello da Pobra para poñer en valor ó escritor Victoriano García Martí.

Os interesados dispoñen de prazo ata o 20 de abril para gacer chegar os seu traballos. Poderán participar con dúas fotografías por persoas, en formato JPG e técnica e temática libre, aínda que relacionada cos escenarios que aparecen na obra ‘Don Severo Carballo del Alma Gallega’ ou outros enclaves referentes a García Martí.

Haberá dous premios: un de 300 euros e outro de 100. As bases poderanse consultar tanto na web municipal do concello como na do museo Valle-Inclán da Pobra.