Ribeira acollerá o vindeiro 29 de decembro a X Ruta BTT do Nadal

RIBEIRA> Esta mañá presentábase en  Ribeira a décima edición da Ruta BTT do Nadal. A proba terá lugar o domingo 29 de decembro. Agárdase unha participación dun cincocentos corredores, un número similar ó da última edición.

Xa é todo un clásico do Nadal. A Ruta BTT chega este ano á súa décima edición e vén con algunha que outra novidade. Unha delas é a oferta de dous percorridos, un longo de 44 quilómetros e outro máis curto de 27.

Dende o Concello fan un chamamento a participar na proba con saída ás nove da mañá dende o pavillón da Fieiteira.

O prazo de inscrición está aberto e xa hai máis de 180 anotados. dende a organización agardan chegar ós 500 participantes, que é o tope máximo establecido. As inscricións pódense realizar a través da páxina www.ranckr.com. O prazo remata o vindeiro 26.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí