Os usuarios da Cachada xa disfrutan do novo ximnasio

BOIRO> Dende hai varios días os usuarios do complexo deportivo da Cachada xa poden disfrutar das novas instalacións do ximnasio. A actuación realizada supuxo unha importante mellora, xa que se incrementou notablemente a súa superficie. Ademais a obra foi realizada en base a criterios de sostibilidade ambiental e de redución de consumos enerxéticos.

A actuación contou cun orzamento superior ós 81 mil euros. Boa parte do total foron aportados pola Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Dende o Concello destacaron tamén o resultado das obras que viran a dar resposta as propias necesidades dos usuarios do complexo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí