Comezan as obras para dotar dunha nova vida á Casa da Xuventude de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira está a acometer unha serie de actuacións na casa da xuventude para darlle utilidade. Cubrirase o soto,  habilitando unha praza pública duns 150 metros cadrados que contará tamén con zonas verdes, e derrubaranse os muros de formigón que rodean a estrutura.

As constantes deficiencias que presentaba a casa da xuventude de Ruibeira dende a súa posta en marcha levaron a que as instalacións quedaran sen utilidade. agora, o concello, tras reunirse cos técnicos iniciou unha serie de actuacións para acabar cos problemas de filtracións e crear un novo espazo aberto para o uso público.

Tamén se procederá a eliminar a zona de albergue que non funcionaba de xeito independente ó resto das instalacións mantendo unicamente 22 prazas.

Por último procederase a retirar o muro de formigón, construído no seu día para frear os actos vandálicos, abrindo os numerosos espazos das instalacións e favorecendo a accesibilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí