PONTEVEDRA> Outro dos puntos máis afectados pola chuvias da fin de semana foi o Complexo Deportivo de Campolongo. As instalacións quedaron onte completamente inundadas tras o desbordamento da arqueta situada fronte ao centro deportivo. Un incidente que provocou gran malestar entre os usuarios.
As fortes precipitacións rexistradas na madrugada do domingo provocaron graves consecuencias no Complexo Deportivo de Campolongo. Esta arqueta foi incapaz de asumir a gran cantidade de chuvia que caeu e terminou desbordando. Isto provocou que auga entrase no centro e inundase todas as instalacións. Un feito que obrigou a pechar o complexo deportivo durante a xornada de onte.
Os máis afectados foron os usuarios que se achegaron ata aquí e non puideron facer uso das instalacións. E aínda que os responsables do Complexo Deportivo avisaron á última hora da mañá nas súas redes sociais do incidente, foron moitos os que se queixaron da falta de comunicación e, sobre todo, da tardanza.
A pesares desta incidencia, o Complexo Deportivo volveu a abrir hoxe con total normalidade.