Ribeira presenta un ‘Marzo de Espectáculo’

RIBEIRA> Ribeira presentou hoxe a súa programación cultural para este mes de marzo. En total celebraranse oito actividades. Destacan principalmente os espectáculos de teatro para público adulto e tamén familiar e infantil.

Baixo título ‘Marzo de espectáculo’ a concellería de Cultura de Ribeira deseñou un total de oito actividades a desenvolver ó longo deste mes. Dende o Concello apostan por este tipo de programación unha vez mellorada a situación epidemeolóxica. A maioría dos espectáculos xirarán ó redor de dúas citas que se conmemorarán este mes como son o Día Mundial da Poesía, o día 21, e o Día do Teatro, o día 27.

As propostas elixidas serán destinadas a adultos e tamén para público infantil e familiar. Arrancarán xa este próximo sábado. A maioría delas serán no auditorio municipal a partir das oito da tarde.

Os niveis de ocupación para tódolos espectáculos serán reducidos requirindo tamén inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí