O concurso de postais de Cambados enche a vila de alegría

Non só os agraciados coa Lotaría de Nadal recibiron un premio hoxe. Tres pequenas cambadesas resultaron ser as gañadoras do concurso de postais de Nadal que organizan Cambados Zona Centro e o concello do municipio. Gañar a Lotaría de Nadal é cuestión de sorte, pero dende logo, resultar gañador do concurso de postais de Nadal que se organiza en Cambados, ten o seu mérito… e senón que llo digan a estas tres cambadesas, que este venres, recibiron o mellor dos agasallos, un lote de libros e o recoñecemento o seu bo facer a hora de deseñar as súas tarxetas para felicitar estas festas. Clara Rodríguez, do colexio de Castrelo fíxose cun terceiro posto, seguida por Nerea García, do colexio San Tomé que foi elixida como segunda. Pola súa banda, Lucía Pimenta, foi a gañadora de este certame, e explicou a cámara de Canal Rías Baixas en que consistiu o seu deseño. Os Reis Magos foron invocados pola pequena Nerea do cole de San Tomé quen tamén nos falou, iso sí… máis tímida que de costume a pesar da súa alegría. Pois así de alegre e festiva foi a xornada en Cambados, a pesar de que parece que a Lotaría de Nadal, nesta ocasión, non fixo parada, na capital do Albariño.