CAMBADOS> Que ten que ve-lo sexo co Albariño? A resposta coñecerémola en Cambados nunha xornada de gastrosexoloxía. Na actividade degustaranse diversos produtos vinculados ó viño das Rías Baixas, a través dos que se estimulan os sentidos. A actividade é de balde e está dirixidas a homes e mulleres de calquera idade.
Cambados réndese ós praceres do Albariño. A localidade repite a experiencia de hai dous anos, organizando unha nova xornada de gastrosexoloxía na que os viños das Rías Baixas terán moito que dicir.
A iniciativa céntrase en explica como a través da degustación de produtos elaborados con Albariño conseguimos activa-las nosas endorfinas.
Iso si, que o nome non leve a engano: a gastrosexoloxía xoga máis cos sentidos que co erotismo.
A xornada vaise celelebrar no Salón José Peña o vindeiro 8 de novembro. É unha actividade de balde.
As prazas pódense reservar en turismo@cambados.es.











