Pepe Pérez presenta a súa dimisión coma presidente do NOIA

NOIA> Pepe Pérez presenta a súa dimisión coma presidente do partido Noieses Independentes Agrupados. Segundo el, a súa decisión responde meramente a razóns de índole persoal e profesional. Despois de anos á fronte da formación opta por dar un paso ó lado, e que caras novas con novas ideas, se incorporen ó partido e dirixan os órganos de dirección. A súa decisión coñecíase esta mesma mañá. Agora deberá ser ratificada na próxima asamblea ordinaria da formación que terá lugar previsiblemente durante este mes de xaneiro. Nela fixarase o calendario para unhas novas eleccións internas do partido, a través das cales, se elixirá tamén unha nova xunta directiva. Polo de agora seguirá mantendo as súas competencias no goberno municipal onde dirixe as áreas de Turismo e Cultura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí