Vilagarcía converterase nun cicuíto de carreiras coa Carreira Nocturna do Concello

VILAGARCIA> As rúas de Vilagarcía volverán a converterse na ruta da décimo sexta edición da Carreira Nocturna do Concello. A novidade deste ano é que a proba formará parte do circuíto DepoDesafío organizado pola Deputación de Pontevedra. Terá lugar mañá a partir das 21:00 horas.

Os afeccionados ao running terán unha nova ocasión de practicar o seu deporte en Vilagarcía. O concello presentou a XVI Carreira Concello de Vilagarcía. Unha proba que invita a aqueles que gocen das carreiras a percorrer as rúas vilagarciáns o vindeiro 27 de xullo.

A novidade deste ano é que a Deputación de Pontevedra colabora co concello na organización da proba. Por elo, a carreira inclúese dentro do circuíto DepoDesafío. Un programa que engloba cinco eventos, dous xa disputados como o BTT das neves e a travesía a nado de Combarro e que continuará co trail en Cuntis e o Tríatlon en Vigo. O obxectivo é promover e concienciar a poboación sobre a práctica do deporte no medio natural dunha maneira responsable.

O circuíto varía dependendo da idade. Para os menores de 6 anos a distancia é de 150 m e vai aumentando ata os 4km da categoría xuvenil. O percorrido para os maiores de 18 anos é de 10 km.

A inscrición xa está pechada para a categoría sénior, mentres que os menores poderán inscribirse de forma gratuíta ata antes de que comece a proba.