Preocupación en Sanxenxo tras rexistrar 60 novos casos activos por covid 19 nunha semana

SANXENXO> Preocupación en Sanxenxo polo gran repunte de casos activos por covid 19. A vila rexistra hoxe 75 casos activos, 60 máis que a pasada semana. Os turistas aseguran estar tranquilos mentres os hostaleiros temen as novas restricións.

Ao igual que en moitos concellos do Salnés e de toda Galicia, os casos por coronavirus aumenta considerablemente en Sanxenxo. A vila rexistra hoxe 75 casos activos, 60 máis ca semana pasada. O dato é máis preocupante se atendemos á situación da vila o mes pasado, cando tan só tiña dous casos activos. A situación é moi preocupante.

Quen máis teme este aumento é a hostalería. O aumento das restricións afectarán directamente ao seu traballo, nunha época clave para este sector.

Non toda a veciñanza ve no peche da hostalería a solución. A maioría asegura que a mellora da situación depende da  responsabilidade individual.

Os sector turístico tamén teme que se aumentan as restricións moitos visitantes cancelen as súas vacacións, aínda que os turistas que falaron co Canal Rías Baixas aseguran que permanecerán en Sanxenxo.

O aumento dos casos chega nun momento no que o sector turístico estaba funcionando moi ben. O comité reunirase o vindeiro xoves e decidirán se tomarán algunha medida na vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí