Os salnesáns escollen ao comercio local nas rebaixas de xaneiro

VILAGARCIA> A maioría de comercios sumáronse hoxe ás rebaixas de xaneiro. As rúas do Salnés estiveron repletas de clientes buscando os primeiros grandes descontos. Os salnesáns seguen preferindo mercar no comercio local.

Despois das compras e dos excesos de Nadal, os prezos darán un respiro aos clientes coas rebaixas de xaneiro. A liberación destes descontos fixo que moitos establecementos xa os iniciaran a principios de ano pero a maioría de comercios sumáronse no día de hoxe. Unhas rebaixas ás que responden os compradores.

A maioría prefire estudar ben o que comprar para non exceder o gasto.

A prioridade do salnesáns continúa sendo o comercio local.

As rebaixas de Nadal teñen unha duración superior ás do verán. Os compradores aseguran que a medida que pase o tempo os descontos irán aumentando, pero a posibilidade de atopar rebaixado o produto que desexan será máis complicado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí