Un veleiro vara no illote do Areoso tras ser arrastrado dende o Grove

A ILLA> O illote do Areoso amenceu cun veleiro varado na súa praia. O barco estaba atracado no porto do Grove pero o temporal da pasado noite arrastrouno ata a illa. O reflote da embarcación estaba previsto para a última hora desta tarde.

Os mariñeiros da Illa de Arousa amenceron hoxe cunha sorpresa no Illote do Areoso, un veleiro varado na súa praia. A embarcación ten uns 11 metros de eslora e é propiedade duns visitantes valencianos.

O barco estaba atracado no porto do Grove pero o temporal arrastrouno ata o Areoso. Por fortuna o barco non sufriu danos. O aviso o deu a confraría de pescadores e ata alí se achegaron xunto con salvamento marítimo e gardacostas. Posteriormente foron avisados os donos da embarcación. Esta previsto que a última hora da tarde e coa marea chea se realicen as tarefas para reflotalo.

O varado do veleiro volve a poñer sobre a mesa a necesidade de protección do Areoso. Dende o concello continúan reclamando á xunta un plan de uso do illote.

Ante a falla de medios do concello, a principal protección do illote lévaa a cabo a confraría da Illa.

O verán é a época na que máis sofre o Areoso. Por iso dende a Illa confían en que a medida que se achegue a estación, poida incrementarse a protección do illote.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí