O TSXG tratará de mellorar os xulgados de garda e crear unha oficina para ás vítimas

PONTEVEDRA> O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia achegouse esta mañá ata Pontevedra para coñecer as demandas dos xuíces e maxistrados. José María Gómez destacou a importancia de mellorar as dependencias do xulgado de garda e crear unha oficina de atención ás vítimas.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantivo esta mañá un encontro con diferentes xuíces e maxistrados para coñecer, de primeira man, as necesidades da Audiencia de Pontevedra e dos xulgados da Parda. José María Gómez destacou dúas demandas da xuíza decana. A importancia de mellorar as dependencias do xulgado de garda, así como a de crear unha oficina de atención ás vítimas.

O presidente falou tamén esta mañá da posible creación de novos órganos xudiciais en Pontevedra. José María Gómez asegurou que os axustes que se fagan nos xulgados actuais xerarían a necesidade de crear outros.

Incidindo nesa posible creación de novos órganos xudiciais, José María Gómez asegurou que, na súa opinión, non sería necesario crear uns novos xulgados específicos nos que se atenda ás vítimas de violencia de xénero.

En canto a posibilidade de crear un novo xulgado de Familia na cidade, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixou claro que en Pontevedra non é necesario, aínda que si confirmou que se reforzará a atención neste servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí